Wednesday 08 de May de 2024

Obradoiro de reflexoloxía podal para bebés


Terá lugar o vindeiro sábado 12 de novembro en horario de mañá. Impartiranse coñecementos terapéuticos relacionados con patoloxías como cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, conciliación do sono etc

O vindeiro sábado 12 de novembro terá lugar, de 10 a 14 horas no local social situado na rúa Reconciliación, en Ordes, un obradoiro de reflexoloxía para bebés. As persoas que queiran participar xa se poden inscribir no Departamento de Cultura do Concello. Os coñecementos que se impartirán centraranse nas zonas reflexas dos pés e en como traballar con eles para solucionar problemáticas relacionadas cos cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, farinxites, conciliación do sono etc. O prezo é de 50 € por persoa.